Dia
do animal de laboratorio
Aproveitando
esta data convocamos unha manifestacion o 21 de Abril na praza
maior as 20h en contra do centro de experimentacion animal que queren
abrir en Lugo.
Porque
estamos en contra?
Porque
hoxe en dia hai métodos mais éticos que torturar animais para
calquer fin cientifico.
Nos
laboratorios fanse prácticas horrendas a animais de pequeno e gran
tamaño, sen esquecer que son confinados toda a sua corta vida. Hoxe
contamos con grandes avances coma as realizadas en tubos de ensaio(in
vitro), estudios clínicos e epidemiolóxicos, tecnoloxía
computacional moderna, cultivos en células e tecidos (sanguíneas,
texidos humanos, células da placenta, etc.), experimentos con
microorganismos, a propia practica clinica, ...
Porque
nestas datas de "tijeretazo" estamos mais preto da
privatizacion dos servizos públicos, e isto tamén lle afectara a
universidade...as fármaceuticas contrataran os servizos de este
centro de experimentacion e pouco quedara pra que se fagan as donas e
señoras da facultade.
Porque
o 70% dos cartos proveñen dos Fondos Feder, adicados a reducir a
diferenza entre as rexions de Europa e favorecer asi o
desenvolvemento das zonas mais desfavorecidas. Fondos pra invertir en
investigación e desenvolvemento tecnoloxico (IDT), sociedade da
información, medio ambiente, prevención de riscos, turismo,
cultura, transporte, enerxía, educación, infraestructuras
sanitarias e sociais, axuda directa as inversions en pequenas e
medianas empresas.
E
si as univesidades de mais prestixio coma as de Harvard, Stanford o
Columbia deixaron de facer os experimentos cos animais, ¿por que
unha das mellores de Europa coma é a de veterinaria de Lugo decide
implantala nas suas instalacions?, pois todo se traduce en cartos pra
o sector privado...
A
propia Directiva EU 86/609/EC, no seu artigo 7.2 di: “A
experimentación animal non debe levarse a cabo se existe algún
outro método científico razonable, satisfactorio e dispoñible de
obter o máximo resultado, sen que interveña o uso animal”.
Convoca:
Asamblea Anarquista de Lugo
No hay comentarios:
Publicar un comentario