miércoles, 11 de enero de 2012

A Consellería de Educación apoiará ante o Ministerio de Ciencia e Innovación a proposta da Fundación Rof Codina para o centro de experimentación en medianos e grandes animais


O conselleiro defenderá este proxecto xa que podería converter o centro nun referente en investigación animal a nivel internacional
O orzamento da transformación do actual recinto é de preto de 3.400.000 euros
Mar, 21/06/2011 - 11:38
O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, xunto ao presidente da Fundación
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, vén de visitar as instalacións que a Fundación Rof Codina ten no campus de Lugo, durante o percorrido no que estivo acompañado polo xerente, Luis Felipe de la Cruz Palomino, recordou que a Consellería apoiará ante o Ministerio de Ciencia e Innovación a proposta da Fundación para a creación dun futuro centro de Experimentación en Medianos e Grandes Animais.
Cómpre destacar que o conselleiro sinalou a importancia deste proxecto para Lugo e para Galicia, de acordo coas necesidades da comunidade no relativo á investigación, e polo tanto está a apoiar o desenvolvemento do mesmo de cara ao Ministerio de Ciencia. Recibidas as propostas de infraestruturas por parte das universidades, a Consellería de Educación estableceu as prioridades estratéxicas para a Comunidade Autónoma, quedando seleccionado o proxecto solicitado pola Fundación Rof Codina.

Plan Impulsa

Esta proposta quedaría integrada dentro dunha das actuacións do Plan Impulsa Lugo para a potenciación de unha maior presenza da actividade investigadoras lucense en foros de investigación. Cómpre recordar que a provincia de Lugo caracterízase por dispoñer dunha notable actividade investigadora vinculada a sectores como o agro- gandeiro, e que a divulgación das investigacións realizadas na provincia suporía un elemento clave para a obtención do recoñecemento da comunidade investigadora.
A creación deste centro suporía un despregue dos recursos precisos para a potenciación da actividade investigadora no sector da sanidade animal, e axudaría a busca de colaboracións estratéxicas de gran importancia.

A necesidade do centro

Neste punto Vázquez Abad, recordou que a través deste proxecto, o campus dotaríase dun novo centro cunhas características particulares que darían resposta as crecentes demandas dos grupos de investigación da facultade de Veterinaria e do campus de Lugo. Por outra banda, este centro podería actuar como referencia a nivel nacional e internacional para a investigación de medianos e grandes animais.
Deste xeito daríase un importante servizo a comunidade investigadora xa que o novo centro permitiría intensificar as relacións entre universidade e empresas relacionadas co sector, de xeito que se cubriría un importante déficit neste tipo de instalacións que existe en España.

O proxecto

Dito centro estaría situado nas actuais instalacións docentes para gando vacún e equino, que se trasladarían ao antigo matadoiro da cidade lucense. Neste espazo proxectase unha reforma e adaptación para a localización do centro de Experimentación na que se desenvolverían diversas áreas relativas aos medianos e grandes animais.
Para desenvolver dita actuación o orzamento previsto e de preto de 3.400.000 euros, dos que o 70% proverán de financiamento de fondos FEDER, e o 30% restante aportaríase polos patróns da Fundación.

extraido de: http://www.edu.xunta.es/web/node/2796

No hay comentarios:

Publicar un comentario