A Consellería promove o centro de experimentación en animais do campus de Lugo na reunión do padroado da Fundación Rof Codina
O orzamento inicial para a creación do centro será de preto de 3.400.000 euros
Con esta iniciativa Lugo terá un centro de referencia no relativo a investigación animal a nivel internacional
Ven, 11/11/2011 - 14:15
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, ven de confirmar que a Xunta de Galicia seleccionou o Proxecto de centro de experimentación en medianos e grandes animais que se fará no campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O conselleiro deu a noticia antes de incorporarse á terceira reunión extraordinaria do padroado da Fundación Rof Codina (FRC), en Lugo convocada con tal motivo. No encontro estiveron presentes o xerente da FRC, Luis Felipe De la Cruz Palomino, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro e demais membros do Padroado da FRC como USC, Deputación e Concello de Lugo.
Así antes de asistir a dita reunión o conselleiro sinalou que “se trata dun importante proxecto, plenamente respaldado desde a Consellería, tal e como demostramos o pasado mes de xuño cando o apoiamos a proposta da construción ante o Ministerio de Ciencia e Innovación”.
Vázquez Abad destacou que “isto é importante tanto para Lugo como para Galicia, xa que ten en conta as necesidades da comunidade no relativo á investigación, e por iso apoiamos o desenvolvemento do mesmo”.
Trátase dun proxecto que respondera á necesidade de dar resposta as demandas relativas á experimentación en medianos e grandes animais, na que España realizar entre o 2,5% e o 3% de todos os procedementos autorizados pola Unión Europea. Así, no relativo ao centro de Lugo cómpre sinalar que numerosas empresas, grupos de investigación das universidades galegas así como de Portugal xa declararon o seu apoio e interese. Con este centro cumprirase co obxectivo de dotar aos distintos proxectos científico-técnicos galegos como son o Campus Vida e o do Mar con instalación tecnicamente avanzadas e aproveitar as sinerxias de infraestruturas e persoal de todo o campus de Lugo como o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, facultades e outros centros con actividade I+D+i.
Ademais Vázquez Adad recordou que xa están asignados uns fondos para a construción de infraestrutura científica en centro públicos de Investigación que se xestionan a través da firma dun convenio entre a Xunta e o Ministerio. Así para desenvolver dita actuación o orzamento previsto e de preto de 3.400.000 euros, dos que o 70% proverán de financiamento de fondos FEDER, e o 30% restante aportaríase polos patróns da Fundación.
EXTRAIDO DE: http://www.edu.xunta.es/web/node/3499
Así antes de asistir a dita reunión o conselleiro sinalou que “se trata dun importante proxecto, plenamente respaldado desde a Consellería, tal e como demostramos o pasado mes de xuño cando o apoiamos a proposta da construción ante o Ministerio de Ciencia e Innovación”.
Vázquez Abad destacou que “isto é importante tanto para Lugo como para Galicia, xa que ten en conta as necesidades da comunidade no relativo á investigación, e por iso apoiamos o desenvolvemento do mesmo”.
Plan Impulsa
Vázquez Abad recordou que “a proposta esta integrada dentro dunha das actuacións do Plan Impulsa Lugo para a potenciación de unha maior presenza da actividade investigadoras lucense en foros de investigación”. “A provincia de Lugo caracterízase por dispoñer dunha notable actividade investigadora vinculada a sectores como o agro-gandeiro, e que a divulgación das investigacións realizadas suporía un impulso económico para a provincia e por ende a comunidade galega” dixo o conselleiro que engadiu que “o centro suporá un despregue dos recursos precisos para a potenciación da actividade investigadora no sector da sanidade animal e das ciencias biomédicas en xeral, e axudaría á busca de colaboracións estratéxicas de gran importancia”.Trátase dun proxecto que respondera á necesidade de dar resposta as demandas relativas á experimentación en medianos e grandes animais, na que España realizar entre o 2,5% e o 3% de todos os procedementos autorizados pola Unión Europea. Así, no relativo ao centro de Lugo cómpre sinalar que numerosas empresas, grupos de investigación das universidades galegas así como de Portugal xa declararon o seu apoio e interese. Con este centro cumprirase co obxectivo de dotar aos distintos proxectos científico-técnicos galegos como son o Campus Vida e o do Mar con instalación tecnicamente avanzadas e aproveitar as sinerxias de infraestruturas e persoal de todo o campus de Lugo como o Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, facultades e outros centros con actividade I+D+i.
A necesidade do centro
Antes de entrar no encontro coa FRC Vázquez Abad, recordou que “a través deste proxecto, o campus dotarse dun novo centro cunhas características particulares que darían resposta as crecentes demandas dos grupos de investigación da facultade de Veterinaria e do campus de Lugo. Por outra banda, este centro podería actuar como referencia a nivel nacional e internacional para a investigación de medianos e grandes animais. Así daríase un importante servizo a comunidade investigadora xa que o novo centro permitiría intensificar as relacións entre universidade e empresas relacionadas co sector, cubrindo un importante déficit neste tipo de instalacións que existe en España”.O proxecto
As instalacións estarán situadas nas naves docentes que actualmente se dedican para gando vacún e equino no HVURC. Ao mesmo tempo estas especies serían trasladadas ao antigo matadoiro da cidade lucense. Nos dous recintos será proxectada unha reforma e adaptación para a localización do centro de Experimentación na que se desenvolverían diversas áreas relativas aos medianos e grandes animais.Ademais Vázquez Adad recordou que xa están asignados uns fondos para a construción de infraestrutura científica en centro públicos de Investigación que se xestionan a través da firma dun convenio entre a Xunta e o Ministerio. Así para desenvolver dita actuación o orzamento previsto e de preto de 3.400.000 euros, dos que o 70% proverán de financiamento de fondos FEDER, e o 30% restante aportaríase polos patróns da Fundación.
EXTRAIDO DE: http://www.edu.xunta.es/web/node/3499
No hay comentarios:
Publicar un comentario